martes, 9 de junio de 2015

PLENO DE CONSTITUCIÓN

O Pleno de Constitución da corporación de Esgos, será o vindeiro sábado día 13 as 12 horas, prevese un pleno de trámite no que os concelleiros prestaremos Xuramento ou Promesa (Nos prometemos sempre) e se proceda a votación do Alcalde.

Hai que decir que nos seguintes 30 días despois do pleno de constitución hai outro, o que se denomina de ordenación, no que se forman os distintos organos do concello (Comisión de economía, tenencia de Alcaldía e demaís competencias dos concelleiros).

Os plenos ordinarios, no caso do noso concello son cada dous meses, se tedes algunha cuestión que querades achegar o pleno, podedes poñervos en contacto cononsco no teléfono 606078510 (tamén whatsapp) ou mandar un correo a : victor.manuel.perez.vazquez@gmail.com. 

Asemade podedesnos atopar no facebook na dirección: http://www.facebook.com/victor.candidatopsoeesgos

En breve iremos informando de outras inciativas que temos en mente, e agardando a vosas.

Unha aperta a tod@s

No hay comentarios:

Publicar un comentario